Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2009

Curtas 2007/08

Aquí tedes unhas cuantas curtas máis do curso 2007/08. Curta do curso 2007/08 Título: “Atraco en el oeste" 3:16 Curta do curso 2007/08 Título: “El solitario" 5:08

Curtas de animación

Ao longo dos derradeiros anos, na asignatura de cuarto da eso, véñense realizando traballos en grupo para a creación integral dunhas pequenas curtas de animación. Os resultados son moi variados, pero sempre teñen algo interesante. Unha vez rematados os traballos, facemos unha proxección pública para o resto dos compañeiros e das compañeiras do centro. ... Moito “rollo”. Aquí tedes unha mostra. Curta do curso 2007/08 Título: “Amor en el parque" 1:17

Ola mundo e benvida

Coa creación desta bitácora comezo hoxe unha nova andaina dixital, e por que non dicilo, tamén asumo unhas novas responsabilidades. A pretensión é sinxela, pero a súa consecución posiblemente non o sexa, pois tratase de ofrecer un lugar de encontro para os alumnos e alumnas da materia de plástica e educación visual de educación secundaria, onde podan atopar información sobre a materia, vínculos a recursos sobre os diferentes contidos do curso, e onde sobre todo poder amosar os seus traballos. Agardo que esta iniciativa sexa atractiva para vos. Unha aperta para todos e todas.